CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Miguel Juane: "Sorprendeunos moitísimo que o presidente do COE se mollara ata este extremo contra Miguel Alvariño"

12/06/2020 - 15:53 h

Pasou pola Zona mixta da Radio Galega o avogado e ex-deportista, Miguel Juane, que nos referiu como foi o xuízo en que defendía a prevalencia da praza olímpica de Miguel Alvariño na categoría de tiro olímpico: "Hoxe foi a vista das medidas cautelares. Nós pedimos unha suspensión cautelar. A xuiza non permitiu a declaración das dúas testemuñas que levabamos, as da Federación si. Para nós o de Alvariño é como se lle quitan a praza a un funcionario que a aprobou e dinlle que ten que volver preparala e presentarse outra vez porque igual hai alguén mellor ca el"

Contounos a difícil situación e a impotencia do seu defendido, ao tempo que a sorpresa que recibiron co informe do COE da man do seu presidente: "Miguel Alvariño está amolado porque os seus adestradores viñeron declarar e non lles deixaron. El xa non quería ir a xuizo, pero non lle quedou máis remedio. Non está cómodo neste entorno. Non puido declarar e sentiuse impotente. Eles presentaron un informe do COE. Quedamos sorprendidos por ese informe asinado polo galego Alejandro Blanco hai 4 días cando sabiamos que se ía celebrar este xuízo. Está achegado en apoio da defensa, parece que o COE se mollou nun sentido e Alvariño quedou moi decepcionado, ademais da frustración e a incomodidade que xa tiña por verse nesta situación".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso