CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Natalia Rodríguez: “Soa fácil dicir que gañamos todos os partidos, pero hai moito traballo e moito sacrificio detrás”

12/04/2021 - 15:30 h

No 'Zona mixta' quixeron preguntar á xogadora de Uni Ferrol, Natalia Rodríguez, se unha se afai a gañar sempre: "No autobús celebramos o que podiamos celebrar, porque foron 8 horas, e estabamos xa moi cansas e quedamos rendidas logo da cea. Soa fácil gañar 29 de 29, parece unha obriga e detrás hai moito traballo e preparación"

Iso si, a presión por gañar este partido final polo ascenso, existiu: "Notóusenos onte a presión de ter que gañar, elas estaban moi relaxadas, xa se notaba ata cando pasaban o balón. Agora estamos pensando na celebración, o de se seguiremos todas para o ano corresponde á directiva".

O deste ano foi raro ata ao final, porque agora hai unha parada grande: "Desde abril ata agosto ou setembro non teremos competición, seguiremos adestrándonos pola nosa conta, pero é raro. O club mándanos unha serie de instrucións, pero depende de cadaquén o cumprimento"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso