CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Jorge Prado: "Este ano tan duro para o meu corpo fíxome máis forte mentalmente, saquei información para o futuro"

12/03/2021 - 15:02 h

Jorge Prado pasou por 'Zona mixta' para repasar este atípico de pandemia en que pasou a covid e varias fracturas. Agora mesmo está en bo sitio: Sardeña: "Estou de pretempada para acumular o máximo posible de horas para os adestramentos. Queda moito para as carreiras"

Así repasaba o seu ano deportivo: "Pasei a covid-19 e afortunadamente non tiven secuelas. Medo non tiven, porque illeime moi cedo e non tiven contacto con ninguén maior que puidese contaxiar. Non é nada doado cando me pillou, en pleno campionato e en plena forma"

Sobre o mellor momento, teno claro: "A vitoria en España foi a miña carreira máis bonita. Gañar no teu país é moi bonito, para ter de fondo de pantalla no móbil. Como negativo, o da covid e as fracturas, un ano único en todo caso. Mentalmente este ano tan duro para o meu corpo fíxome máis forte e saquei moita información que me vai servir para as seguintes tempadas. Adéstrome para ser campión do mundo. Espero que me respecten as lesións e que a pandemia vaia mellor para todos. A miña carreira deportiva está sendo moi boa, desde sempre tiven os meus obxectivos moi claros. Queda moito por diante e a ver que nos depara o futuro"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso