CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Giovanella: "O Chacho Coudet leva a mesma idea como adestrador que Berizzo, vai gustar en Vigo"

10/11/2020 - 15:13 h

Historia viva do celtismo. Everton Giovanella tivo a ben pasar pola Zona Mixta para falarnos do novo adestrador do R. C. Celta: "A xente en Porto Alegre está moi enfadada con Coudet. Si que é certo que non ten experiencia en Europa, pero se ninguén lle dá esa oportunidade, como a vai ter? O Chacho leva a mesma idea como adestrador que Berizzo, vai gustar en Vigo. Na Arxentina e no Brasil Coudet destacou. O Inter hai tempo que non pelexaba polos postos de arriba. Os seus equipos xogan moi físico, con intensidade durante todo o partido".

Sobre a súa vida actual contounos que non se desvinculou do fútbol: "Aquí, no Brasil, presido un club que está empezando, como un equivalente á Preferente en España".

E como chegou o Celta a dar co adestrador ata agora no Brasil? Para Everton está claro: "O Celta non sacou da chisteira un número e saíu o Chacho. Teñen xente moi competente: Miñambres, Mouriño, Chaves, que valoraron moito esta oportunidade para Coudet. É unha persoa que ten intensidade, traballo... coa calidade que teñen estes xogadores do Celta van subir na táboa, que non reflicte a realidade do que son".

E sobre a sorprendente marcha do arxentino dun equipo onde estaba triunfando, dixo: "O Chacho fixo fincapé en que facía falta para pelexar por todo ter máis xogadores. Por iso marchou. Os xogadores estaban xa no límite físico. Non podía facer moitas variacións para non baixar o nivel. Quedáballe mes e medio e podía gañar varias cousas, pero igualmente decidiu marchar"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso