CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Luis Enrique: “Non teño nada malo que dicir de Aspas, pero ser seleccionador significa tomar estas decisións”

10/06/2021 - 15:03 h

Por fin tivemos resposta de Luis Enrique á ausencia de Iago Aspas na selección. Tivo que conectarse Víctor López á burbulla das Rozas e sacar número, porque había moitos xornalistas para preguntar, pero só un medio galego, a Radio Galega. Isto dicía o seleccionador, Luis Enrique: "Os meus feitos falan por min, non teño que dicir nada negativo sobre ningún xogador, por suposto nin de Iago e Brais, e moitos máis que quedaron fóra. Ser seleccionador significa ter que tomar estas decisións"

Tamén falou en profunidade do centrocampista: "A Brais coñézoo ben porque foi internacional conmigo, fixo unha gran segunda parte de temporada co novo adestrador e estamos e estaremos moi atentos á súa evolución. Imos estar moi atentos ao futuro de Brais. Calquera pode ser titular, ata os da burbulla paralela, os que se adestran pola mañá vendo o que vexo... Non saben aínda algunha das cousas que traballamos, é certo, pero poden ser titulares e isto está claro que beneficia ao grupo"

E finalmente deixou unha afirmación que igual pecha as posibilidades de Brais de estar na Eurocopa coa absoluta: "Busquets vai estar seguro na Eurocopa.

Sobre outro galego, o doutor da selección e do Celta, expresou a súa total confianza: "Confío ao máximo no doutor Cota e en Óscar Celada sobre os protocolos contra o virus que tomaron, incluso reforzados"

Esta tempada tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso