Zona Mixta
Andrea Mirón: “Vou mandar un puñal: en Galicia non se está a potenciar o fútbol praia, que aposten por isto”
No fútbol praia comezaron hoxe fases finais da Liga Europea de Seleccións en Figueira da Foz, Portugal. A selección feminina gañou o primeiro partido contra Holanda con catro galegas. En 'Zona mixta' falaron con Andrea Mirón: "Somos unhas pirañas e tiñamos que demostralo no campo, de aí a vitoria por 3-0. O alcume púxonolo o míster, que é o primeiro que morde os nosos tacóns se non corremos"
Contounos de primeira man como foi esta xornada e as posiblidades das nosas: "Esta é oficialmente a Eurocopa de fútbol praia. A campioa dos últimos dous europeos foi Rusia, o rival a bater. Pero Ucraína é tamén moi dura. Mañá xogamos contra elas e se non vencemos, xa o de Rusia non terá sentido, claro"
E finalmente, como boa piraña, mordeu. E fíxoo para reivindicar o futuro do fútbol praia en Galicia partindo dun pasado glorioso para ter un futuro á altura: "Vou lanzar un puñal. Fago un chamamento tanto a federación como aos clubs en Galicia para que aposten polo fútbol praia, aproveitemos o pasado para traer un gran futuro"