Zona Mixta
Patxi Villanueva: "Iván Villar está sobradamente preparado para Primeira. A Madroa ten futuro tamén"
Patxi Villanueva pasou por Zona mixta para nos falar do que vai ser porteiro de referencia no Celta que queda de Liga diante das lesións de Rubén e Sergio. Amosou total confianza nel: "Iván Villar está perfectamente preparado para xogar en Primeira. É un porteiro moi solvente, moi tranquilo, moi bo cos pés...".
E tamén incidiu non só no porteiro e o seu futuro, senón nos que veñen xa empurrando con forza detrás del: "O Celta non vai ter problemas para se salvar, aínda que no fútbol nunca se pode dicir. Polo que eu coñezo a Iván Villar non é un caso único. A canteira celeste de porteiros é fantástica. Iago en xuvenís tamén é moi bo e aínda que lle toque, vai cumprir". Para un porteiro, despois de tanto tempo sen xogar como Iván non é o mesmo que os xogadores de campo. E tampouco é o mesmo adestrar que xogar. Pero xa vistes o outro día. Saíu en frío e fixo unha parada moi boa. Nestes tres partidos difíciles vai demostrar que vale".