CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Teresa Portela consegue un fito histórico, os seus sextos XX.OO.: "Sei que por isto non dan medalla, pero síntome gañadora"

09/04/2021 - 15:02 h

A grande triunfadora do día estivo no Zona Mixta Fito histórico para Teresa Portela que vai estar nos seus sextos xogos olímpicos, algo único no noso país: "Despois de ano e medio sen competir, era un día sinalado. Ata o de agora pensaba no día de hoxe, a partir de agora só en Toquio. Nunca hai nada nin claro nin seguro, non foi un trámite a pesar de que gañei con claridade".

Así falaba da difícil preparación deste último ano e medio e como a familia foi un apoio fundamental: "O ano pasado foi un baldeiro competitivo. Desde que se trasladaron as bases a este ano, xa me centrei en adestrar e estar o mellor posible hoxe. Como todas as familias, o da pandemia permitiume estar máis coa familia. Na casa estaba co ergómetro, exercicios aeróbicos... Logo xa volves a remar. Ás veces non chegan os minutos para estar con eles. A familia é o máis importante, poder compartir con eles ao final: eles padeceron as miñas decepcións, medos, adestramentos. A miña alegría é igual que a do meu adestrador, o home e a filla. Para min é un día moi especial. Simplemente soñar no 2019 con chegar aos meus sextos xogos. Para min isto é xa a miña gran medalla deportiva. Sei que non dan medalla polo que conseguín eu hoxe, pero para min xa o é. A partir de agora, vou pensar en Toquio e loitar pola final"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso