CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Alberto Riquer: "O Burela FS é serio e deixa traballar os adestradores con liberdade, iso non se dá sempre"

08/10/2021 - 15:37 h

En Zona mixta conversaron co adestrador do Burela fútbol sala masculino, Alberto Riquer, sobre a chegada ao seu novo equipo: "Non quería ir a calquera destino, e Burela, este club, ten unha imaxe fóra de Galicia de seriedade nos compromisos e de traballar con xente nova e da terra, a poder ser. Deixan traballar os adestradores con liberdade, e iso non se dá sempre".

Tamén descartou que co seu currículo este sexa un paso atrás na súa carreira: "A Liga española é un paso adiante. O Burela é certo que aspira á permanencia, pero o importante é ter os obxectivos claros entre club, cadro de xogadores e corpo técnico. Estamos axustando todo con xogadores e un adestrador novo co fin de ser ambiciosos sen renunciar a nada e con valentía". O que está claro é que nervios, sempre os hai: "A pesar da miña experiencia, a miña estrea como adestrador nesta liga sempre produce un formigueiro no estómago. Iso non é malo, estás alerta e non relaxas".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso