CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Salva Arco: "Aquí en Lugo síntome querido e respectado, cando o pos na balanza, iso pesa moito para seguir".

08/07/2020 - 15:52 h

Hoxe pasou por Zona mixta Salva Arco logo de ser renovado por unha quinta tempada en Club Baloncesto Breogán. Esta era a súa primeira impresión tras a sinatura: "Cando un renova é que ambas partes están contentas coa outra. Non podo estar máis feliz en Lugo. Tanto con Tito como con Epi as relacións son moi boas; imos na mesma liña. O ano pasado custoume arrincar pola lesión no xeonllo, pero acabei ben, son veterano e conservo a puntería".

Sobre as esperanzas que había cara este ano e o freo da covid-19 e o novo sistema de competición cara ao ano que vén, comentou: "A parada a nós veunos no peor momento. Non tiven moito tempo de darlle moitas voltas ao novo sistema de competición. En Leb Prata si se dá, pero eu non teño experiencia máis que en Ouro e ACB e só me din que cada partido vai ser transcendental".

Sobre o seu trato co recentemente renovado adestrador, di que é un acerto para el: "A miña sintonía con San Epifanio é fantástica desde o primeiro día. Quéreme e aposta por min, e eu quero recompensar esa confianza nos adestramentos e na pista. O obxectivo para o ano que vén ten que ser o mesmo de sempre: loitar por ascender. Eu aquí en Lugo síntome querido e respectado, cando o pos na balanza, iso pesa moito para seguir".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso