CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Churre: "Quedan 6 puntos, pero a LigaPro está case imposible. O obxectivo é permanecer na 2ª B"

08/03/2021 - 15:29 h

Víctor Vázquez, Churre, falou en 'Zona mixta' das expectativas do Pontevedra logo da derrota de onte e de como está o vestiario despois dun partido que lles deixa moi complicada incluso a posibilidade de acceder á 1ª RFEF polos enfrontamentos entre os equipos que agora están por riba: "O vestiario estaba tocado e fodido cada un cun mesmo porque non fixemos o partido esperado. Empezar cunha lousa no minuto cinco xa cambia moito o partido. Goles coma este xa nos pasaron varias veces esta tempada, son balóns imposibles de parar"

A situación desde que chegou Luisito tampouco reflicte o traballo no campo para un dos capitáns do equipo: "Temos 4 puntos nos catro partidos con Luisito e non está amosando os merecementos no campo. Co Coruxo é unha final, non nos cabe outra cousa na cabeza que sacar os tres puntos. Na vida hai que ser realistas... tiñamos o obxectivo de estar na Pro e está imposible agora con eses 5 puntos de distancia e enfrontamentos directos entre os de arriba nosa. Non podes ter pensamentos negativos nestes momentos, fai que xogues peor e sexa todo máis complicado. Gañar ao Coruxo si ou si e logo seguir pelexando no partido en Guijuelo, non pensamos no descenso á terceira, sería un desbaraxuste total. Imos a morte cos compañeiros"

A solución non é sinxela, pero apela a apertar os dentes: "Hai que sacar o peito e dar a cara, agachando a cabeza non fas nada. Quedan 6 puntos, pero a liga pro está case imposible. O único que importa é facer os máximos puntos e sequera permanecer na 2ª B;  e chegar con puntos á segunda liguiña. A cabeza é moi importante nesta situación, reflexionaremos cando acabe. Ata xuño temos tempo para seguir demostrando cousas, cando acabe o ano si faremos valoracións e poñer os puntos sobre os is. Agora non é bo facelo. O Coruxo está nunha situación semellante á nosa e sabemos o que poñemos en xogo en Pasarón"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso