Zona Mixta
Lis Franco: "Os homes tedes que entender que o fútbol non é voso"
Na véspera do Día da Muller falamos cunha das figuras do deporte feminino en Galicia. A coruñesa Lis Franco gañou tres ligas e unha copa co histórico Karbo nos anos oitenta do pasado século. Tres décadas despois di que o fútbol feminino "está mellor ca nunca, pero iso non significa que non teña que mellorar aínda moito".
Franco apoia a idea da Federación Española para promocionar o fútbol entre as nenas: "Cantas máis mulleres xoguen, as que cheguen arriba serán mellores", explica. Pero asegura que o fútbol feminino aínda ten que romper barreiras: "Os homes tedes que entender que o fútbol non é voso, é de todos o que o queiran practicar".
Ademais deixa unha mensaxe para ás propias futbolistas, que gañen o sentimento da xente: "Temos que darlles no corazón aos afeccionados".