Zona Mixta
Escoitamos algúns dos cánticos de ánimo que o Compos reproducirá no seu estadio nos partidos a porta pechada
No primeiro partido da xornada, no Vero Boquete, non vai haber público. O Compos decidiu que o encontro se xogue a porta pechada. Pero a SD intenta que o equipo e os seus afeccionados se sintan preto uns dos outros.
Mañá os xogadores escoitarán os seus seareiros aínda que non estean nas gradas. Por Zona Mixta pasou Javier Puñal, director de Marketing da SD Compostela para contarnos como xurdíu a idea: "Desde o departamento de comunicación tratamos de ir pensando cousas. Sempre lle estamos dando á cabeza. Este é un xeito de que o xogador número 12 estea presente"
O que fixeron foi pedilo por redes sociais, e a resposta non se fixo esperar: "Home, como en todo, hai cousas irreproducibles, pero polo xeral son audios moi bos os que nos chegaron"
Escoitamos algúns deles e aínda esperan máis, pero non quixo dar pistas do que soará no Vero Boquete: "Van haber sorpresas, pero non podo contar que o xefe de prensa mátame... O mundo do fútbol desde o punto do vista viral e socioeconómico non ten parangón co baloncesto, onde estaba traballando antes en comunicación. No play off pasado para o ascenso tivemos 9 millóns de impresións en redes. E era un partido de Terceira!!! No baloncesto chegabas a uns milleiros como moito"