Zona Mixta
Vázquez: "O partido é un paripé, evidentemente, pero nós ímolo tomar en serio"
O Deportivo da Coruña reúne 16 xogadores do primeiro equipo para disputar este venres o partido pendente co Fuenlabrada en Riazor.
O adestrador, Fernando Vázquez, cre que o encontro é un "paripé, montado por outros", aclara, e destaca o compromiso dos seus futbolistas, "que tiveron que mobilizarse en tempo récord estando en sitios distantes".
Vázquez pide unha solución para o problema que se xerou ao suspender o Dépor-Fuenlabrada pero reclama que sexa unha decisión coordinada entre tódolos clubs da Liga, porque as reclamacións, como a do Zaragoza agora, van por separado.