Zona Mixta
A capitá do Friol pide tempo antes de volver reestruturar o fútbol feminino
É o último capítulo da guerra de poder entre a Liga e a Federación. O presidente Luis Rubiales lanza unha proposta para reorganizar as competicións de fútbol feminino. Falamos coa capitá do Friol, Covi Regueiro, para coñecer o punto de vista das que o viven dende dentro: "Paréceme precipitado -di- porque hai dez meses que se aprobou a creación da Primeira B e dúas reestructuracións tan seguidas non sei ata que punto serían boas".
Regueiro está de acordo con que o fútbol feminino precisa cambios, pero cre que "hai que darlle un prazo" aos que xa están en marcha. A capitá do Friol comparte que serían necesarios un salario mínimo e un convenio colectivo pero "o primeiro é ver como funciona ese cambio que aprobamos o ano pasado".