CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Álex Fdez, xogador do Arenteiro: "Son un privilexiado. Podo vivir do fútbol; se tivese que vivir agora do restaurante"

05/11/2020 - 15:44 h

A hostalaría é un dos sectores que máis vive do deporte, igual que en moitos casos o deporte recibe ingresos da restauración. O peche a partir do sábado vai afectar milleiros de persoas, tamén algúns deportistas coñecidos.

Álex Fernández, xogador do Arenteiro do Carballiño, ten un restaurante en Ourense e pasou pola Zona Mixta a contarnos como vive a situación: "Non entendo esta medida en absoluto. Sei que se están sacando algunhas axudas xa, pero non comprendo como si abren certos comercios e nós non".

Tamén afirmou que sabe que ten sorte e que hai xente en peor situación, o cal non é óbice para falar do complicado que puxo todo a covid-19: "Son un privilexiado por poder xogar ao fútbol e ter cartos por outro lado. A miña muller tamén traballa noutra empresa. Doutro xeito non podería vivir. Actualmente teño sete traballadores, catro deles nun ERTE total. Tiven que poñerme eu a botar unha man tamén. Non temos a día de hoxe ningunha axuda, aínda que dixeron que as habería. Os alugueiros seguen cobrándose igual, os provedores tamén teñen que cobrar, pero nós non ingresamos".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso