CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Miguel Juane: "Dende o punto de vista xurídico, tal como o ten encamiñado o Deportivo é impecable"

05/08/2020 - 15:13 h

Consultamos cun dos nosos maiores expertos en xustiza deportiva, o exdeportista e avogado Miguel Juane, sobre as posibilidades de que teñan éxito as reclamacións do Deportivo da Coruña para conseguir a permanencia na 2ª división.

Juane cre que "non quedará outra" que resolver o caso na xustiza ordinaria e pensa que un posible descenso administrativo do Fuenlabrada "é a posibilidade que cobra máis corpo". "O Dépor está no seu dereito, co tempo veremos se será práctico -di o xurista-, pero creo que non o poden facer mellor".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso