Zona Mixta
Seoane, xogador do Lugo: "Oxalá o Dépor poida seguir na Segunda"
A piques de empezar a pretempada no Club Deportivo Lugo falamos cun dos pesos pesados do vestiario, o galego Fernando Seoane. Di que a situación na que está a categoría é "moi complicada" e desexa a salvación do Deportivo, aínda que sabe que unha Segunda con máis equipos podería ser prexudicial.
A nivel persoal, explica que aínda non empezou a falar co Lugo da súa renovación (remata contrato en 2021) pero mantén: "A miña idea é tentar retirarme aquí". Unha retirada, con 37 anos, que non ten en mente pero que ve "cada vez máis preto".