CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Míchel Alonso: "David contra Goliat? O potencial di que si, pero seguro que o Coruxo vai competir en Riazor"

03/11/2020 - 15:27 h

O adestrador do Coruxo, Míchel Alonso, pasou pola Zona mixta para analizar o partido contra o Deportivo desta fin de semana e de como está a levar o equipo vigués esta tempada: "Estamos mellor do que indica ese punto que temos. Estamos facendo ocasións, hai que asumir a realidade e ir mellorando o que aínda non conseguimos. A inercia da tempada pasada foi case igual e fomos claramente de menos a máis".

Así que nada de pesimismo. Pés na terra e aviso a navegantes, vai ser complicado para todos e sobre se asina xa a salvación, era claro: "Estamos todos apurados pola exixencia desta competición, pero teño a sensación de que imos conseguir menos puntos que nunha volta dunha competición normal de 18 partidos. Pero si, habería que asinar xa quedar entre os seis primeiros para o Coruxo".

Sobre o equpo branco e azul dixo: "Os que levamos moitos anos coñecendo a 2ª B vemos que o Dépor ten un equipo con xogadores moi fóra da competición: Beauvue, Keko, Uche... están fóra de contexto. Se empezas de cero non sabes se terías estes ou outros xogadores, pero o equipo que teñen está fóra de dúbida".

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso