CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Luis Vaamonde: “Se me chamase C. Tangana para o himno? Por suposto que si. E, ao revés, nós tamén lle pediriamos a el. A unión fai a forza”

03/03/2021 - 15:13 h

Vívese nas redes o debate sobre o himno do centenario. Houbo enquisas, ofrecementos... pero o Celta xa ten un himno popular, o da Roda. Por 'Zona mixta' pasou Luís Vaamonde para contar que lle parece todo o que se montou co tema: "Nunca tiña estado nun programa de deportes na Radio Galega, agradezo a chamada. Eu creo que a 'Foliada do Celta' é un himno de verdade... leva soando 40 anos, pero non penses que cobramos moito da SGAE... é case como unha canción popular. Ademais cando marchei deixeille os dereitos a Fito. Tivo incluso máis éxito do que pensabamos"

E sorprendeunos Vaamonde con dúas afirmacións, a primeira, sobre o fúbtol: "Eu se che digo a verdade non son moi afeccionado ao fútbol, empecei a collerlle interese a partir da canción. E sempre polo R. C. Celta, fóra de aí... sei que Barça e Madrid son os importantes, pero tamén me gustaría que o Deportivo estivese en Primeira, era unha rivalidade bonita, espero que volva canto antes. Iso si, sempre que subía a Primeira o Celta, alí estabamos nós nos grandes momentos históricos"

A segunda, sobre o seu coñecemento sobre C. Tangana: "Ata que me chamastes esta mañá non sabía quen era Tangana, dígovos a verdade. Se me chamase para o himno? Por suposto que si. E, ao revés, nós tamén lle pediriamos a el, a unión fai a forza. O himno é un instrumento de fidelización, o do Celta tiña que ser en galego, feito por un celtista. Debe ser un himno en galego, se o autor é galego, mellor que mellor, claro"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso