CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Escartín: "Os corredores si que te miran mal pola dureza das etapas, pero o que foi ciclista sabe que ten que sufrir"

02/11/2020 - 15:35 h

La Vuelta a España chega a Galicia. A crono de mañá no Ézaro pode ser decisiva e logo virán as longas tiradas Lugo-Ourense e a que sae de Mos, en Pontevedra.

De deseñar esas etapas encárgase, para sufirmento dos ciclistas, Fernando Escartín, que pasou por Zona Mixta para falar do paso da carreira por Galicia: "Parece que o tempo vai acompañar así que ben. A do Ézaro é unha contrarreloxo que, en principio, favorece a Primôz Rogla. Lugo-Ourense é unha etapa para escapadas” 

Preguntado por se se lle queixan os corredores da dureza das etapas, confirmounos cun sorriso que era certo: "Si que te miran mal, si, pero o que foi ciclista sabe que ten que sufrir e afacerse o que lle poña o organizador da carreira"

Son etapas moi longas que fan poñer ao límite as forzas dos ciclistas, e sempre xorde a suspicacia coa dopaxe: "Coa pandemia tivemos que transformar a etapa de Mos. Esta distancia é así de longa para evitar outra etapa. Non nos gusta, pero é así. Pasan dúas etapas de 200 quilómetros, pero é excepcional. O mundo do ciclismo xa cambiou, agora hai uns controis moi rigorosos. Non nos preocupa o que dirán"

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso