Zona Mixta
Touriñán recada 43.000€ con #UnDosMeus: "O Celta compite en Primeira con 8 ou 10 canteiráns cada ano. Eu teño envexa"
Por 'Zona mixta' pasou Xosé Antonio Touriñán para falarnos do peche da iniciativa #UNDOSMEUS que empezou cun "quentamento" de humorista... e rematou con máis de 43.000 euros recadados para os canteiráns do Dépor.
Touri: "Está claro que os afeccionados queren xente da casa, #OsNosos son todos, pero a afección quixo demostrar que está con estes rapaces da canteira, por iso o do #UnDosMeus. No Celta entran 8 canteiráns cada tempada, teño moita envexa"
E tivo tempo de adiantar que isto non rematou e que haberá varias sorpresas máis con este patrocinio: "Varias empresas comprometéronse a sortear varios produtos: roupa, clínicas dentais... Farémolo entre a xente que deu cartos. Haberá máis cousas: entradas, máis camisetas do Dépor... vai haber moitos premios para esta aposta polos rapaces"