CRTVG

Buscar

Zona Mixta

Paula Mayobre, a atleta que correu un cros sen unha zapatilla: “O calcetín xa vai ir para o museo que ten meu pai”

02/03/2021 - 15:42 h

Paula Mayobre correu un cros sen unha zapatilla e veu ao 'Zona mixta' a contar polo que pasou. Fíxoo con moito sentido do humor, aínda que as repercusións físicas aínda as nota. O primeiro que contou foi a onde foi parar o calcetín que foi o seu nexo coa terra:  "O calcetín vaino gardar meu pai nun museo que ten"

Pero a odisea non facía máis que empezar cando ao pouco xa perdía unha das súas zapatillas: "Rematar nestas condicións fíxoseme moi duro, porque a afasia plantar xa a sufro moito. Cando perdín a zapatilla e vin que me quedaba case toda a carreira pensei... a ver se acabo. Saíume disparada a zapatilla e ía tan rodeada de participantes e co estreitamento da pista... nin me pasou pola cabeza recuperala. Na seguinte volta un voluntario recolléraa, pero se paro, se me poño a colocala... acabaría partíndome totalmente a carreira... e así tirei 4 voltas máis".

Como tamén ten coñecementos de quiromasaxe, confesou: "A adestradora Paula Mayobre seguro que criticaría á Paula Mayobre quiromasaxista. Pensei... está tola! Só pensaba en seguir. Os atletas de alto rendemento ás veces pensamos na carreira, coa adrenalina ao tope. O máis importante é que non fixen ferida ningunha, con tanta pedra. Estou eternamente agradecida a este calcetín, salvoume dunha ferida importante. Coa clasificación quedei moi contenta, pero nin de coña pensei en quitar a outra zapatilla. Fixen moito sobreesforzo nesa perna tamén. Se teño que ir sen as dúas, igual nin remato"

E rematou facendo unha comparación cuns famosos atletas que saben o que é correr sen nada, sequera un calcetín: "Os etíopes teñen calo xa, teñen o pé adaptado, pero non hai comparación, nós non somos de goma coma eles, só pensar en ter os dous pés como teño o outro..."

De luns a venres, ás tres da tarde, tes pase para entrar na Zona Mixta con Carlos Alonso