Destacados
"Un planador que pode voar mentres haxa sol", dende o CFPI As Mercedes
Na recta final do curso, Raúl Villares visitou o CIFP As Mercedes. O obxectivo é coñecer os diversos proxectos de emprendemento que se están xestando no centro.
"Isto permítelles aos alumnos verse no futuro"
Conversamos con Nuria Cadórniga, responsable da coordinación deste proxecto. Tamén con Luis Abelleira, encargado de tutelar os distintos procesos de desenvolvemento dos proxectos.
Cítanse os proxectos Galaer e Lucus Flight. O primeiro céntrase no traballo con drons para a localización de gando e a fumigación. O segundo trátase da "construción e deseño de aeronaves a escala", en palabras dun dos seus impulsores, Cristian.
"A posibilidade da empresa existe, pero imos necesitar moitos permisos"
Coñecemos en profundidade o proxecto Green Flight. Conversamos con Álvaro Prian, Saúl Penados e David Busto. Tratan de implementar enerxía renovable en planadoras. Están fabricando o molde e esperando a que cheguen os paneis solares para implementar o sistema electrónico.