Un País Mundial
Carlos Velo, o exilio do cine galego
No mes de novembro fanse 110 anos do nacemento en Cartelle de Carlos Velo, nome importante para a historia do cine galego e tamén para o mexicano. Velo tivo que marchar ao exilio trala guerra civil e en México seguiu desenvolvendo un importante labor cultural e político. Lembramos o director de 'Galicia', 'Pedro Páramo', 'Torero' ou 'Romancero marroquí' coa axuda de Miguelanxo Fernández, vicepresidente da Fundación Carlos Velo, e Laura Gardós Velo, neta do de Cartelle e tamén cineasta.