CRTVG

Buscar

Sala 5

Alba Prol e Raúl García presentan o documental 'O gran Camiño': "A idea nace da alegría da xente ao chegar á catedral"

02/02/2021 - 00:30 h

Na 'Sala5' tiveron un oco para conversar con Alba Prol e Raúl García, que están presentando o documental 'O gran Camiño', apoiado pola TVG e que xa conseguiu varios premios. De momento, é finalista nos European Cinematography Awards

Alba e Raúl pecorreron a pé tramos de 4 camiños do mundo: O Pacific Trail Crest, a Ruta Inca, o Kumano Kodo no Xapón e o Camiño de Santiago.

"Algúns dos camiños non os fixemos completos nin de forma liñal, polo que resulta difícil saber cantos quilómetros fixemos en total"

"O Camiño Inca hai que facelo linealmente, con subidas de mais de 4.000, sofres moito o mal de altura. Coa axuda da folla de coca, en té e mastigada, axúdache a minimizar o mal de altura". "Non somos deportistas de ir correr nin nada, pero si nos gusta moito andar polo monte, camiñar".

"A idea nace de ver chegar a xente a Compostela, a alegría o chegar á catedral. Non sabes as motivacións e preguntámnos por que a xente decide camiñar".

"Coincidindo co Xacobeo, pareceunos o momento de levar a cabo unha idea que había tempo nos andaba pola cabeza"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez