CRTVG

Buscar

Sala 5

Tristán Ulloa: "O coronavirus ten unha cousa boa: a xente non tose nos espectáculos"

27/10/2020 - 00:29 h

Co gallo da concesión do premio de Honra da Mosta de Curtas de Noia que lle van conceder o sábado 31 de outubro, Tristán Ulloa pasou por Sala5.

Neto de galegos que emigraron a Francia, o sarxento García de Fariña falounos da súa adolescencia e xuventude en Vigo, precisamente cando o contrabando de tabaco e o narcotráfico eran algo cotián.

Relata o seu ingreso no hospital candro contraeu o coronavirus, reafirma que na cultura non se están producindo contaxios e revela unha cousa boa que trouxo este mal. Cando menos unha!

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez