Sala 5
Iolanda Muíños: "'Malencolía' levoume moito ao mundo dos meus avós, da aldea, tocoume moito"
Iolanda Muíños, actriz, ten un papel destacado e impactante na última película de Alfonso Zarauza 'Malencolía', estreada no Festival de Cine de Ourense.
Muíños dá vida a Isolina unha muller que vive soa nunha aldea perdida de Ourense. A ese lugar chega unha parella nova, formada por Melania Cruz e Xulio Abonjo. Están ansiosos por gozar da paz do rural, pero... andan bastante equivocados.
"En principio non quería facer ese personaxe porque non teño nada que ver con ela e era fácil caer na caricatura"
"Fixen unha escolma de señoras que coñecín na miña vida, entre elas a avoa dun amigo que fumaba Ducados coma unha carretilla"
"Facendo do tirón un dos monólogos acabei entalada, enfermísima das costas, e tiveron que levarme a un fisioterapeuta"
*A foto de Iolanda é de Mario Llorca