Sala 5
Chelo Loureiro: "No último cuadrimestre do ano será cando poidamos estrear 'Valentina', con historias brancas e divertidas"
Está rematando a súa primeira pelicula como directora. É unha longametraxe de animación para nenos menores de 7 anos, que se vai titular 'Valentina'. Chelo Loureiro agarda que se poida estrear en cines antes de que remate este ano. Feita en Galicia, o debuxante que se encarga de dar vida a Valentina é David Pintor.
Contonunos Chelo Loureiro que "Valentina é unha nena absolutamente normal que ten a síndrome de Down. Unha viaxe máxica descubriralle todo aquilo do que é capaz".
"Galicia aparece debuxada en lugares fermosísimos, que agardo que sexan recoñecibles"
"Non hai personaxes malvados en 'Valentina', simplementes son historias brancas, divertidas, e con moitas cancións"
A pandemia atrasou a realización de 'Valentina', porque aínda que a xente da animación pode teletraballar, "moitos están en lugares sen banda ancha e os arquivos dos debuxos son moi pesados, co que en ocasións tardaban ata dous días en baixar un".
"Na animación hai unha planficación anterior, unha preprodución que obriga a ter todos os personaxes rematados, con todas as poses, todos os espazos onde vai ter lugar a película e todos os obxectos. Non hai lugar á improvisación. No momento en que arrinca, non podemos buscar a alguén que engada algo".