CRTVG

Buscar

Sala 5

Álvaro F. Pulpeiro, lugués residente en Colombia, presenta en festivais internacionais a película 'Un cielo tan turbio'

27/04/2021 - 00:13 h

Álvaro Fernadez Pulpeiro, lugués residente en Colombia, está presentando en festivais internacionais a película 'Un cielo tan turbio'.

Pulpeiro percorreu zonas de pozos petrolíferos de Venezuela, onde están as refinerías máis grandes do mundo, que controla a OPEP, e tamén os lugares da zona do Salto del Ángel, antes cheos de turistas de todo o mundo, e agora abandonados por completo e en mans da guerrilla.

"É unha pelicula que non se posiciona politicamente. Foi rodada nun momento onde non hai estado, non hai orde nin organización vertical burocrática eficiente. Ninguén toma decisións"

Nesta segunda longametraxe, Pulpeiro transitou por diferentes lugares fronteirizos de Venezuela para captar a situación dun país acosado por unha das peores crises política e humanitaria do século XXI.

"Retratamos personaxes, orfos, sen terra, pero con enerxía e efusividade, para nada son tristes ou melancólicos"

"Habitan nun mundo onde as bandeiras xa non son unha necesidade, nin sequera simbólica, senón un estorbo"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez