Sala 5
Alberto Vázquez, candidato ao Goya por 'Homeless Home': "Son completamente feliz facendo animación"
Alberto Vázquez, candidato ao Goya pola súa curta de animación 'Homeless Home' pasou pola 'Sala5'.
Vázquez xa ten tres premios Goya e está a preparar unha nova longametraxe:
'Homeless Home' xa gañou o Premio do Xurado do Festival Internacional de Annency, o máis importante festival de animación do mundo, "fíxome moita ilusión", dixo Vázquez. "Como este ano non puidemos estar para recoller o galardón, parece que nos van invitar en 2021".
Tamén contou a súa experiencia cos premios: "A primeira vez que fun aos Goya fíxome moita ilusión, agora concíboo como un grande aparato de promoción, porque aquí se coñecen os Óscar e os Goya, dá igual que gañes Annency ou calquera outra cousa. Encántame a animación, pero nútrome doutras moitas artes"