CRTVG

Buscar

Sala 5

Helena Girón, codirectora de 'Eles transportan a morte', terá a súa estrea mundial no festival de Venecia en setembro

24/07/2021 - 12:13 h

A compostelá Helena Girón asegurou estar contentísima de estrear o seu filme 'Eles transportan a morte', codirixido con Samuel Delgado, na Semana da Crítica do festival italiano.

É a primeira longametraxe desta parella de cineastas e ten o apoio da Televisión de Galicia. Cando só era un proxecto, tivo tamén o respaldo do Festival de San Sebastián.

'Eles transportan a morte' está ambientada en 1942 e mistura o relato clásico de aventuras cun discurso crítico sobre a colonización. Filmouse, en galego, entre Galicia (Ourense) e Canarias (Tenerife).Na parte canaria tres homes levan a vela da carabela Santa María e foxen con ela pola illa. Na galega, unhas mulleres levan a una moribunda, para que a sande unha curandeira.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez