CRTVG

Buscar

Sala 5

Gonzalo Suárez, director do documental 'A Cero.5': "As nais sempre están aí nos hospitais, son fundamentais"

23/10/2021 - 12:27 h

'A cero.5' é unha peza filmada a 0,5 metros do chan. É a distancia á que loitan na cancha de baloncesto os xogadores que van en cadeira de rodas. O seu director, Gonzalo Suárez, pasou por Sala5 para falar do filme con Begoña Vázquez. A peza participa na Seminci de Valladolid.

"Aos 26 anos tiven unha trompada que me deixou en cadeira de rodas. Aí veume a idea de coller a cámara, rexistralo todo en primeira persoa e facer unha película".

"É unha película río, ou de vida, ou de supervivencia".

"Tiña os meus propios arquivos porque quixen transmitir a maior verdade".

"As nais sempre están aí nos hospitais, son fundamentais".

"Ver o que fan os xogadores de baloncesto en cadeira de rodas é incrible, sorprendente, por iso quixen contalo".

"O cine é a miña enfermidade".

 

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez