Sala 5
Pepe Coira: "A xente do Hierro estableceu complicidade coa serie, foi un efecto imprevisto, moi chulo"
Por 'Sala5' pasou o guionista da exitosa serie 'Hierro', Pepe Coira, que nos achegou a incardinación da xente da illa cos actores e equipo durante a rodaxe e deixou algunhas reflexións:
"Nas series longas é natural que o actor asuma cada vez máis o personaxe e queira tomar as rendas"
"Todo o final da segunda temporada xa se escribiu 'in situ', despois de meses en que os guionistas (todos galegos) iamos falando e conectando en liña desde as nosas casas"
"Quixemos ser moi realistas no tratamento de historia, por iso tivemos que documentarnos moito con xuíces, gardas civís, policía xudicial..."
"A segunda temporada é unha nova historia conectada, por un lado, coa maternidade da xuíza, e buscamos tamén unha historia relacionada cos vínculos de Grandinetti co mundo criminal".