Sala 5
Curtametraxes galegas nas listas de aspirantes aos Goya
Curtametraxistas galegas, ou vencelladas con Galicia, pasaron por Sala 5 para falar das súas obras:
- José María Tubío, na sección de mellor curtametraxe de ficción, asina o seu filme Ulises co alcume de Félix Briel. Un relato rodado en Ribeira de Piquín que narra os problemas psicomotores dun home que ten que ser coidado polo seu irmán.
- A rabia, curtametraxe do galego Alberto Díaz, tamén aspira a mellor curtametraxe de ficción. Un filme de época que conta a historia de Filomena a finais do século XIX, tinguida de calamidades e tormentos.
- Paula Romero, malia non ser galega, botou man do guionista galego Jacobo laguela. A curtametraxe Mothertruckers compite polo Goya a mellor curtametraxe documental. Está rodada en inglés e conta unha historia de mulleres pouco representadas no oficio de camioneiras.