Sala 5
Lucía Estévez e Irene Pin: "Hai que resistir moito para vivir do audiovisual, é un mundo incerto e inestable"
En Sala5 falaron das webseries 'Xan', de Lucía Estévez e 'Amnesia', de Irene Pin, que se estrean en Internet no marco do Festival Carballo Interplay,que este ano se fai unicamente en versión en liña.
As dúas directoras coinciden en que NON é mal momento para estrear na Rede, xa que a xente está máis na casa e pode ver as series coa calma e na comodidade das súas casas.
'Xan', protagonizada por Miguel Canalejo, fala de cuestións como a tolerancia. É un personaxe que queda sen palabras polas cousas que suceden diante del.
'Amnesia', dirixida por Irene Pin, é unha webserie de ciencia ficción. A principal novidade de 'Amnesia' é que o espectador pode elixir por onde irá o argumento, unha serie interactiva.
Como expertas no tema, as directoras recomendan tres series internacionais: 'Utopía', 'Killing Eve' e 'Ratched'.