CRTVG

Buscar

Sala 5

'Donde acaba la memoria' é o documental de Pablo Romero-Fresco sobre o traballo de Ian Gibson

17/07/2021 - 12:43 h

Pablo Romero-Fresco é o director do documental 'Donde acaba la memoria', que inaugurará o festival de Cans a primeiros de setembro. O traballo indaga nas investigacións do hispanista Ian Gibson arredor de Buñuel e Lorca e, por extensión, no tema da memoria histórica.

"Como moita xente nunca vai ler un libro sobre Gibson, fixemos a súa hª nun formato máis accesible para a xente do século XXI. Ian non quería que fixeramos unha biografía ó uso. Aproveitamos que facía a súa última viaxe a Granada, onde están os restos de García Lorca e tamén a Las Hurdes, onde Buñuel fixo a mítica 'Tierra sin pan'. A película estivo morta e revivida, porque roubaron un disco duro onde tiña unha primeira montaxe acabada"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez