Sala 5
Guille Vázquez: "Levaba moito tempo querendo facer algo sobre a narcolepsia"
Por 'Sala5' pasou Guille Vázquez, viveirense, director da curtametraxe 'Mare', que está na listaxe de aspirantes a Premio Mestre Mateo.
A curta conta a historia dunha muller nova, que busca a alguén, cando ela está no límite entre o soño e a vixilia. "Quería xogar nese limbo difuso entre sensacións e realidade.
"Levaba moito tempo querendo facer algo sobre a narcolepsia porque miña nai padece esta enfermidade rara desde que eu era pequeno. Foi falando con ela e buscando inspiración, cando ela falou do íncubo, a parálise do soño"
Miña nai tivo bastante apoio familiar e a súa enfermidade non foi traumática para min, pero si que aprendín moito sobre ese tipo de sensacións que pode dar unha enfermidade descoñecida.