Sala 5
González Macho: "Non quería a Tosar para 'Te doy mis ojos', grazas que Bollaín insistiu; acabeime namorando del"
Entrevistaron na 'Sala5' a Enrique González Macho, que acaba de publicar o libro 'Mi vida en V. O.: Cincuenta años de cine en España", coescrito con Begoña Piña
Fixo de todo na industria: produtor, distribuidor, exhibidor. Defensor sen tregua do cine español, chegaron a chamarlle o Ruso polos seus profundos coñecementos do cinema soviético. Distribuíu en España películas tan emblemáticas como 'El hijo de la novia', 'Dersu Uzala' ou 'Fresa y chocolate'.
Discutindo o elenco de 'Te doy mis ojos' (7 Goyas) "Eu non coñecía nin cría que fose adecuado contratar a Luís Tosar. Icíar Bollaín insistiu en que si. E afortunadamente Icíar tiña razón, Tosar interpretou o papel marabillosamente, é un grande actor e desde entón namoreime del e das súas cellas".
"O bicho do cine, a paixón polo cine, é peor que a covid"