Sala 5
Nuria Giménez: "Non coñecín a miña avoa, pero polas súas imaxes filmadas establecín un novo vínculo con ela"
Convertida na sensación da temporada, My Mexican Bretzel é unha película inclasificable, medio documental, medio ficción. A súa directora descubriu un tesouro na casa dos seus avós. Case 30 horas de filmacións de moi boa calidade, con escenas do matrimonio, gravadas entre os anos 40 e 60 do século pasado.
Con elas Nuria Giménez construíu unha historia que non ter por que coincidir coa real. Amores e desamores, algunha traizón... todo contado con imaxes coloristas de lugares fermosos, desde praias a espazos nevados e así, aos poucos, vainos conducindo pola relación que puideron ter os avós da cineasta barcelonesa.
"O que me gustaba dese material era usalo como punto de partida", explica Nuria Giménez. Engade que "tras ver o filme, miña nai concluíu que fixen un retrato mais verdadeiro dos avós que se contase a súa vida real. Se fixese un documental real sobre os meus avós mentiría moito mais", concluíu.