Sala 5
Eloi Domínguez: "O Entroido ourensán é moi particular cos trances, os éxtases e eses fachóns de película de terror"
Eloi Domínguez Serén, acaba de presentar no prestixioso Festival de Amsterdam o seu último traballo, Os corpos e pasou por Sala5 para falarnos del.
"É unha peza documental de apenas 10 minutos en que nos introducimos na axitación do Entroido ourensán, xunto a felos e peliqueiros… case chocamos cos corpos dos veciños que desfrutan da festa, escoitamos tambores, berros e rumores. Unha inmersión sen precedentes nas celebracións ancestrais do particular entroido de Ourense.
O director arousán comenta que levaba varios anos marabillándose cos numerosos entroidos da zona, estableceu relación con varios felos e decidiu animarse a grabar eventos concretos.
"A primeira vez que fun ao Entroido, pareceume que os fachóns, por exemplo, tiñan algo de película de terror, de tenebrosidade. Por iso, na curta fago unha distinción entre a carallada e eses momentos de terror".