CRTVG

Buscar

Sala 5

Luisa Romeo (Frida Films): "Houbo ata 19 versións de guion da película 'Tres', foi un proceso longo"

11/09/2021 - 12:16 h

Luisa Romeo, da produtora Frida Films pasou por Sala5. Acaba de estrear en Venecia a pelicula 'Tres', dirixida por Juanjo Giménez, e protagonizada por Marta Nieto, con Luisa Merelas, Cris Iglesias, Carmen Méndez e Fran Lareu no elenco. O filme ten o apoio da TVG.

O 80% da película filmouse en Galicia, tanto en exteriores coma en interiores. Tras Venecia estará en Toronto e Sitges.

"Estamos moi satisfeitos da acollida en Venecia, porque desexabamos ensinar o filme, estabamos expectantes e as críticas son moi boas".

"A película presenta unha muller que atravesa un momento complicado e comeza a facer mal o seu traballo"

"Ao primeiro eran tres historias, por iso leva ese título. Ao final só quedou unha"

"A historia da protagonista ten lugar en Barcelona e o director quixo representar, a través da nai -Luisa Merelas-, esa xeración que emigrou e segue vivindo nos mesmos barrios" 

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez