Sala 5
Trueba: "Non hai que ter medo á emoción. Lembro, con 13 anos, chorar con miña nai vendo un filme"
Fernando Trueba pasou por 'Sala5' pola estrea en cines da súa nova película 'El olvido que seremos', baseada nun libro co mesmo título, en que se narra a historia real dun médico de Medellín, idealista e ilustrado, que durante anos perseguiu a transformación social de Colombia.
E deixou reflexións e frases destacadas:
"Intentei que a película teña todo o amor á vida que transmitía Héctor Abad, que non quede só nunha película política, social e histórica"
"Non importa saber o final de Héctor Abad, as boas películas non dependen das sorpresas nin dos sustos"
"Regalei moitos exemplares do libro, probablemente foi o que máis regalei, porque é capaz de tocarche o corazón, e queres que o coñeza a xente que amas".
"Tiña que ser Javier Cámara, porque ademais de ser moi bo actor, ten a mesma alegría que o personaxe"
"Non hai que ter medo á emoción. Un dos momentos máis bonitos que lembro foi, con 13 anos, chorar con miña nai vendo un filme"