Sala 5
Margarita Ledo: "Son da xeración das mulleres de Pontesa, son a miña historia, a historia deste país"
Margarita Ledo, que acaba de estrear no Festival de Sevilla a súa nova película documental 'Nación' pasou pola Sala5 da Radio Galega. O filme poderá verse de novo o mércores 18 en Cineuropa, festival que lle vai entregar tamén o Premio Cineuropa 2020.
A cinta narra a historia das mulleres que traballaron durante décadas na fábrica cerámica Pontesa, e as súas loitas para lograr ser 'Nación'
Di Margarita Ledo: "A Nación é a sociedade, o principio de igualdade, unha carreira longuísima".
E concreta sobre o documental que "narra o importante que foi para as mulleres de Pontesa traballar xuntas, organizarse, falar e mesmo tomar os gintónics. Son a miña xeración, estas mulleres, son a miña historia e a historia deste país".
Afirma Ledo que particularmente admira a sua capacidade para converter a trauma en saída e, de feitoa, estas mulleres están loitando aínda por lograr o que se lles adebeda. Están aínda en litixio cun xuízo celebrado en xaneiro deste mesmo ano.