Sala 5
Javi Camino presentou 'Jacinto' en Sitges e logrou o premio do público na sección Panorama fantástico
O cineasta compostelán Javi Camino presentou a súa primeira longametraxe de ficción, Jacinto, no Festival de Sitges e logrou o premio do público na sección Panorama fantástico.
Jacinto é unha historia de terror rural protagonizada por Pedro Brandariz. Da vida a un home adulto con mentalidade de neno que vive nunha aldea perdida xunto seus pais. A tranquilidade vese interrompida cando aparecen dúas rapazas que tocan black metal e pretende quedar a vivir no lugar.
"Brandariz é un actor fetiche para mín"
"Hai atmosfera do cine de terror, de terror rural, pero funciona máis como unha comedia. Non se pasa medo vendo Jacinto"
"Eu vivín a infancia en Mallou, na periferia de Compostela, e alí vivíamos como se fose no monte, xogábamos ó hóckey na estrada cos cañotos de verdura".
"Ao chegar a xente nova a esta aldea, con outros costumes, chocan. Pero non é culpa de ninguén"
"Miña nai, Pilar Miguélez, é unha actriz natural, podería ser profesional da interpretación. Con ela teño un entendemento perfecto, porque levamos gravando desde as miñas primeiras curtas"