CRTVG

Buscar

Sala 5

Dani Viqueira: "Moitos pregúntannos por que non nos limitamos a contar a historia real, de por si terrorífica"

09/02/2021 - 00:31 h

Pola 'Sala5' pasou Dani Viqueira, director da curtametraxe de terror 'La penumbra'. É candidata a Premio Mestre Mateo.

A curta parte da historia real dunha muller, unha médica, que "desatendeu" ou deu por hipocondríaco o seu home cando realmente estaba mal e acabou morrendo de infarto.

"Partimos dunha historia real arrepiante e a produtora quixo levala ao terreo do terror fantástico, porque abre máis portas, máis camiños, que sexa máis fantasioso"

"Cando rematamos o proxecto, e explicabamos á xente que estaba baseado nun caso real, moitos preguntaron por que non nos limitamos ao caso real"

"É o primeiro proxecto de ficción de Lorena Hidalgo, que traballa como médica. Foi a que coñeceu o caso, oíuno no hospital"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez