CRTVG

Buscar

Sala 5

Laura Hojman: "Machado foi un mal estudante, un bohemio que non gañou cartos ata os 32 anos"

09/02/2021 - 00:17 h

Na 'Sala5' entrevistaron a Laura Hojman, directora do documental 'Antonio Machado. Los días azules'

"Quixen centrarme no seu compromiso cívico e político coa cultura e a educación, grandes símbolos do poeta. A firme crenza de que son as bases transformadoras da sociedade".

"A familia de Antonio Machado tiña profunda devoción pola cultura popular. Seu pai foi un dos primeiros "flamencólogos" e trasladouno aos seus fillos, tanto a Antonio como a Manuel".

"Eran xente tradicional, no bo sentido da palabra".

"Realmente aprendín moitas cousas. No hai peor erro que dar por coñecidos os clásicos".

"Cando visitei a pensión de Machado en Segovia, e vin o cuarto supermodesto onde viviu 12 anos, era xa un poeta recoñecido porque xa publicara 'Campos de Castilla', chamoume moito a atención".

"Machado foi un mozo bohemio, mal estudante, que non sacou o bacharelato ata os 24 anos, quería ser actor. Ata que morreron seu avó e seu pai non comezou a preparar as oposicións de mestre. Tardou moito en emanciparse. Comezou a gañar cartos aos 32 anos".

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez