CRTVG

Buscar

Sala 5

Coral e Laura Piñeiro, directoras de 'Dores', falaron en 'Sala5' da súa curta sobre campos de concentración en Galicia

08/06/2021 - 00:14 h

Pola 'Sala5', de Begoña Vázquez, pasaron Coral Piñeiro e Laura Piñeiro, directoras do documental 'Dores' sobre os campos de concentración en Galicia tras a guerra civil.

A curta pasou polo Festival Doc Barcelona e foi das máis votadas na Plataforma Filmin. Queren seguir exhibíndoa e crear unha unidade didáctica para os centros de ensino:

"Queriamos demostrar que se pode falar de franquismo sen falar de bandos".

"Moitos dos lugares que acolleron campos de concentración van pasando a mans privadas e acaban desaparecendo porque se borran as pegadas"

"Acábase negando a existencia deses campos"

"O obxectivo é facer unha unidade didáctica de calidade sobre 'Dores' o máis profesional posible"

"Xuntamos familias de asasinados con familias de represores. Podemos mirar atrás sen que continúe doendo"

 

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez