Sala 5
Uxía Senlle, directora artística do documental 'Acorda. Cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra'
Uxía Senlle, directora artística do documental 'Acorda. Cartografía musical da Memoria Histórica de Pontevedra' pasou por Sala5. Mestura nel historia, música e poesía. No documental cantan, entre outros: Tanxugueiras, Emilio Rúa, Silvia Penide, Ugia Pedreira e Ezetaerre.
"Sen memoria non podemos mirar cara ao futuro"
"Hai que ser moi precisos e rigorosos co relato do que aconteceu, por iso participan representantes de asociacións de Memoria Histórica"
"Este proxecto ten vocación de continuidade, en Galicia houbo unha resistencia tremenda e unha represión brutal que queremos contar"