CRTVG

Buscar

Sala 5

Brandán Cerviño, premio á mellor curta en Suíza por 'A comuñón da miña prima Andrea': "Nin me pasaba pola cabeza gañar"

04/05/2021 - 00:19 h

Brandán Cerviño gañou o premio a mellor curtametraxe no festival suízo Visions du Reél pola curta 'A comuñón da miña prima Andrea' e pasou por 'Sala5' para contarllo a Begoña Vázquez

A Brandán tocoulle facer o vídeo da primeira comuñón da curmá porque é o cineasta da familia. A pequena, que bota carisma por fóra, aconselloulle meter brillo nas imaxes de igrexa, porque unha "cosa sin brillibi no es cosa, una cosa sin vida no es vida"

Brandán deixou varias frases salientables na conversa:

"Nin se me pasara pola cabeza gañar o festival suízo, o primeiro ao que mandei o filme".

"Eu non fixen a comuñón nin estou bautizado, ver de novo esa cerimonia despois de pasar un tempo en Cuba estudando cine e vivindo alí foi bastante fascinante"

"Os nenos, en xeral, teñen unha honestidade e unha verdade que logo perdemos"

"É unha película pequena e humilde, pero tamén honesta e próxima, supoño que aí residen a súa forza e a súa sinceridade"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez